Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada teórica-práctica sobre agrocompostaxe en Alfoz

Será o sábado 22 de abril, de 10:30h a 13:30h (teórica) e de 16:30h a 18:30h (práctica: visita ás Oiras) no Salón de Actos de Cultura. Impartido por: Mª Belén Díaz Hernández e Benigno Ruiz Nogueiras. Temario: Necesidade dunha agricultura sostible. Boas técnicas en Agricultura Ecolóxica. O papel fundamental da M.O. nos procesos produtivos agrarios. Elaboración de compost a partir de residuos agrarios. Sesión práctica: Materias primas para compostar. Visita a unha explotación na que se fará un seguimento do proceso de compostaxe dos residuos xerados na mesma. Non é necesaria inscrición previa. Actividade de balde.

Exit mobile version