Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta traslada experiencias de éxito protagonizadas pola mocidade aos estudantes do IES Monte Castelo de Burela

Lidia Díaz Otero, que traballa na explotación gandeira familiar, e Natalia Rubal Soto, emprendedora ao fronte de varios negocios, compartiron as súas experiencias co alumnado do centro

Burela, 9 de maio de 2023. A Xunta traslada experiencias de éxito protagonizadas por mozas e mozos a estudantes de secundaria de toda Galicia a través do programa Obradoiros Talento Mozo, que se pon en marcha este curso por primeira vez. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe ao coloquio que tivo lugar no IES Monte Castelo de Burela, que estivo protagonizado polas emprendedoras Lidia Díaz Otero e Natalia Rubal Soto.

Cristina Pichel destacou que con Obradoiros Talento Mozo quérese dar visibilidade á creatividade, empuxe, potencial e capacidade de innovación que ten a xuventude galega. A través deste programa, estanse a facer unha trintena de coloquios nos centros de secundaria galegos para presentarlle ao alumnado casos de éxito da mocidade e promover que sirvan de referencia, co fin tamén de solucionar as dúbidas que o alumnado poida ter á hora de escoller estudos superiores e a súa posterior inserción no mercado de traballo.

Lidia Díaz Otero, estudou na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo e traballa na explotación de gando vacún que a súa familia ten en Abadín. Pola súa parte, Natalia Rubal Soto, estudou o grao de Empresa, Xestión, Márketing e Disciplinas Afíns pola UNED e na actualidade é responsable dunha tenda de moda infantil e xuvenil, doutra de telefonía móbil, dun bar deportivo e dun centro de masaxes. Ambas puideron darlle a coñecer aos estudantes a súa historia profesional, así como falarlles da importancia de potenciar habilidades persoais ou das oportunidades que existen en Galicia para desenvolver unha carreira profesional.

Exit mobile version