Site icon Crónica3.com A Mariña

As Catedrais e Os Castros-As Illas distinguidas un ano máis coa Bandeira Azul

Ribadeo, 4 de maio de 2023. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, fai unha valoración positiva das bandeiras azuis que veñen de conseguir as praias de As Catedrais e Os Castros-As Illas.

Jorge Díaz dixo: “desde o Concello valoramos positivamente recibir estas bandeiras azuis un ano máis. Iso quere dicir que estamos a facer as cousas ben. Neste 2023 contaremos con dúas distincións nos nosos areais, que se unen ao sendeiro azul, que conseguiu un ano máis, a Ruta do Faro de Illa Pancha ata As Aceas, tal e como nos comunicaron hai xa semanas”.

O concelleiro de Medio Ambiente manifestou: “e tamén queremos felicitar ao porto deportivo de Ribadeo pola distinción que recibe un ano máis”.

O edil ribadense subliñou o traballo que supón a consecución destes distintivos: “con todo isto facemos un Ribadeo moito máis atractivo e máis dinámico no que ten que ver co traballo realizado en ámbitos como o medio ambiente ou o turístico. Quero recalcar que isto é un esforzo moi importante tanto desde o punto de vista técnico como de supervisión, tanto Obras como Medio Ambiente fan os seus esforzos diarios para que estas praias sigan a ser galardoadas coa bandeira azul todos os anos”.

Exit mobile version