Site icon Crónica3.com A Mariña

As monitoras da Aula de Educación Ambiental Gaia impartiron na asociación Camiña unha actividade denominada Fabrica o teu propio papel

Segundo explican: “os participantes aprenderon todos os pasos da reciclaxe de papel, dende cortar periódicos vellos en anacos, botarlle auga quente, engadirlle cola de carpinteiro, colocalo encima dun pano de tea e decoralo con ceras”. E engadiron: “explicámoslles de onde procede o papel e como evitar a tala masiva de árbores. Contámoslles que cada ano córtanse no noso país uns vinte millóns de árbores só para fabricar papel e que se debe reducir o consumo do mesmo, ademais de reutilizar o papel nas aulas e facer uso do contedor azul”.

Exit mobile version