Site icon Crónica3.com A Mariña

As xogadoras do Pescados Rubén Burela FS visitan o Martínez Otero

Foz, 11 de maio, 2023. Este xoves 11 de maio, tivemos o inmenso pracer de recibir no noso Colexio a unha delegación do equipo feminino do Pescados Rubén Burela Fútbol Sala, que nesta tempada xa acadou a Supercopa de España e a Copa da Raíña.

O alumnado de 3°, 4°, 5° e 6° de Primaria puido escoitar o relato das xogadoras profesionais Saki, Caridad e Patricia. As futbolistas tamén estiveron acompañadas por Emma Losada (delegada do equipo).

O mundo do deporte profesional, a esixencia dos adestramentos, os éxitos acadados, obxectivos a curto prazo, soños por cumprir, alimentación, descanso… Foron moitos os temas que as xogadoras compartiron cos rapaces e rapazas. Ademais, tamén se prestaron a responder todas as preguntas que o noso alumnado tiña en mente e a asinar tarxetas personalizadas para que os máis pequenos gardasen unha fermosa lembranza.

Moitísimas grazas a todas as integrantes do equipo feminino do Pescados Rubén Burela Fútbol Sala pola súa amabilidade e polo seu tempo. Grazas tamén por todo o que nos fan desfrutar sobre a pista e moitos parabéns por todos os seus éxitos deportivos, que son innumerables. Moita sorte para o que resta de tempada!

Exit mobile version