Site icon Crónica3.com A Mariña

Atopan o corpo dun home na auga a escasos metros da zona de terra en Viveiro

Viveiro, 19 de maio, 2023. Os axentes da Policía Nacional solicitaron medios para rescatar ao varón, que foi atopado na auga, entre unha embarcación e o peirao.

O achado, por parte dunha persoa particular, tivo lugar pasados dez minutos das doce e media deste mediodía. O alertador contactaba a esa hora co 112 Galicia para indicar que había un home afogado no mar, no lugar de Celeiro, indicaba que estaba na auga entre unha embarcación que estaba atracada e o porto.

De inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Policía Nacional e Local e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Viveiro. Ademais, foi precisa a intervención dos Bombeiros de Viveiro, que, segundo indicaron os efectivos de Protección Civil, tras recuperar o corpo, foi trasladado na embarcación que derivaran ao punto ata o peirao deportivo.

O persoal de Portos de Galicia tamén foi informado do achado a través do 112 Galicia.

As forzas da orde encárganse de esclarecer as causas do suceso.

Exit mobile version