Site icon Crónica3.com A Mariña

Chega a Foz a exposición ‘Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fernández del Riego’, homenaxe ao autor das Letras Galegas 2023

Foz, 15 de maio, 2023. Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fernández del Riego, foi elaborada po lo IES Castelao de Vigo (Pontevedra). Son paneis que salientan pola beleza estética e a sorprendente orixinalidade, ao nos amosar a vida e a obra de Fernández del Riego como un camiño que nos convida a percorrer Ramón Sanfiz, o guía e protagonista do seu libro Galicia; un vieiro que atravesa todos os carteis dedicados ás diferentes facetas da súa vida e obra e no que se mostran as distintas recreacións desta realizadas polo alumnado.

A exposición vén acompañada da correspondente guía didáctica, que nos permite realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra e a época do autor a quen lle renderemos homenaxe o Día das Letras Galegas.

O autor foi un asiduo visitante de Foz, deixando pasaxes de lembranza de Foz na sua obra: A ría de Foz (….) tendida na beiramar coa arteria de auga limpa do Masma. Rexorden no meu lembrar o conxunto vilego empinado desde a Ribeira. A casa da Roxelia con piso estrado de area fina, na que me hospedaba nos meses de verán.

“A exposición estará disponible na biblioteca Salgado Toimil e no edificio da Casa da Cultura Poeta Manuel Maria, a Concellería de Normalización Lingüística de Foz convida a visitala”.

Exit mobile version