Site icon Crónica3.com A Mariña

Dani Vega destaca a inversión da Xunta para a mellora do centro de saúde de Ribadeo

A construción do novo centro de saúde é un dos obxectivos prioritarios na folla de ruta da Xunta de Galicia

Ribadeo, 9 de maio de 2023. O candidato á alcaldía, Dani Vega, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, visitan as obras finalizadas e financiadas pola Xunta de Galicia no centro de saúde. O alcaldable explica que “a consellería de Sanidade rematou as obras iniciadas este ano na que investiron 36.000 €”. Unhas obras que “teñen como obxectivo dar resposta a novas necesidades que foron xurdindo no centro de saúde así como a renovación e acondicionamento de varias partes das instalacións”.

O centro de saúde, que presta servizo como Punto de Atención Continuada (PAC), precisaba dunha ampliación e unha serie de melloras atendendo ás necesidades actuais dos ribadenses. Neste sentido entre as intervencións realizadas destaca a creación dunha nova sala de consultas polivalente, a habilitación dun despacho administrativo e a ampliación da sala de garda de Urxencias. Tamén mellorou a funcionalidade do centro redistribuíndo espazos da sala de descanso para o persoal e da sala de consultas de extracción

Vega cre que “este novo paso nos debe alegrar a todos” e subliña que “levamos traballando e xestionando dende fai moito tempo na mellora da sanidade pública no noso pobo e, con estas obras, podemos dicir que é unha realidade. Queda, tamén, acreditado que a Xunta continúa a traballar pola sanidade de todos”, engade. Estas actuacións responden á necesidade de mellorar as infraestruturas sanitarias en Ribadeo para garantir un servizo adecuado, mentres se sigue a avanzar no proxecto do novo centro de saúde, que é unha das obras prioritarias para Ribadeo na folla de ruta da Xunta de Galicia

BLOQUEO DO GOBERNO DO BNG PARA O NOVO CENTRO DE SAÚDE

Por outra banda, o candidato á alcaldía denuncia “a mala xestión do goberno do BNG xa que que non foron capaces de entregar os terreos necesarios para a construción do centro de saúde, tivémonos que enterar polos medios de comunicación que teñen que vender uns inmobles para poder compra destes terreos”.

Ademais, engade “mentíronnos cando dixeron que tiñan unha cantidade orzamentaria destinada para a compra dos terreos. Era absolutamente mentira. Enteramonos de que hai que vender estes inmobles para dispoñer da cantidade económica para a compra destes terreos. Mal goberno porque non son capaces nin de facer a reforma urbanística necesaria. Outra demostración mais que non queren o novo centro de saúde nin queren máis servizos sanitarios.” Neste sentido, Dani Vega di: “pedimos explicacións urxentes ao goberno do BNG: van a seguir parando e obstaculizando inversións importantes para Ribadeo?

Exit mobile version