Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous feridos nun accidente en Abadín

Abadín, 1 de maio, 2023. O 112 Galicia era informado este luns sobre as 17:30 dun accidente en Abadín. Neste caso tratouse dunha saída de vía dun coche que rematou envorcado cando circulaba pola LU-113, punto quilométrico 25, á altura da Igrexa de Corvite.

A Garda Civil de Tráfico comunicaba ao 112, a esa hora, que recibiran a chamada dun particular informándolles deste accidente, indicaban que no turismo viaxaban dúas persoas maiores e que, aínda que non estaban atrapados no interior do vehículo, si precisaban asistencia sanitaria.

Así, desde o 112 Galicia nada mais recibir o aviso, informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Vilalba, así mesmo, foron informados o persoal do servizo de mantemento da vía, por se fose precisa a súa intervención.

Exit mobile version