Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito nas categorías da base das Escolas Deportivas do Burela FS no II Torneo Feminino Lago DV Sport As Pontes

Os equipos cadete e xuvenil fixéronse co campionato nas súas respectivas categorías. Nerea e Masha mellores xogadoras cadete e xuvenil

Burela, 22 de maio, 2023. Este pasado fin de semana disputouse o II Torneo Femenino Lago DV Sport As Pontes donde participaron os equipos femininos das Escolas Deportivas do Burela FS, das categorías alevín, cadete e xuvenil.

O sábado día 20 xogaron as categorías alevín e cadete, donde as alevíns do Burela FS quedaron en 4º posto, proclamándose campioas da categoría as xogadoras do Marble Lago DVSport. Na categoría cadete as xogadoras mariñás gañaron o campionato, sendo Nerea a “Mellor Xogadora”.

O domingo día 21 foi o turno das xuvenís, que tamén se levaron a vitoria como campioas do torneo na súa categoría e Masha como “Mellor Xogadora”.

Todo un éxito para as categorías femininas da base do club, coordinadas por Jairo Campo, que tamén adestra aos equipos xunto a Emma Losada. Moi contentxs cos resultados xa que se trata dun proxeto de nova formación que medrou de maneira exponencial durante esta tempada e que se espera que siga aumentando durante o ano que ven.

Dende o club queremos agradecer ao Lago DV Sport As Pontes pola magnífica organización do Torneo e esperamos que se siga celebrando durante os anos próximos.

Exit mobile version