Site icon Crónica3.com A Mariña

Goles e bágoas en Vista Alegre

No encontro, ademais da ofrenda da Copa Galicia á afición, fíxose un acto de despedida á eterna capitá, Peque

Burela, 20 de maio, 2023. Ás 18.00 horas da tarde de onte, sábado 20, no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela, disputouse o encontro da xornada 29 de Primeira Federación de Futsal Feminina, Pescados Rubén Burela FS – Gran Canaria Teldeportivo FSF. Despois de comer uns deliciosos callos no Pavillón Monte Castelo, xs aficionadxs do Pescados Rubén baixaron as escaleiras ao pavillón veciño a pasar a tarde vendo xogar ao seu equipo. Tarde emotiva pola triste despedida da capitá Peque que marcha do equipo esta tempada. Tras o Fairplay ofreceuse a Copa Galicia á afección e a continuación emitiuse nunha das pantallas do pavillón un vídeo sobre todo o vivido coa eterna xogadora do Pescados Rubén Burela FS. A continuación iniciouse o encontro, que aínda que na segunda parte víron máis apertadas, o equipo mariñán dominou durante todo o xogo.

Na primeira parte se comeza Peque cunha oportunidade clara no minuto 2 e outro rexeite de Dany que vai fóra. No 3 chega o primeiro gol, tras unha boa combinación entre Peque, Dany e Irene Samper que dispara e encaixa o 1-0. Gol de Peque no minuto 6 desde dentro da área tras un pase de Emilly e outro de Patricia no minuto 7 cun disparo raso desde fóra da área que se coa entre as pernas da porteira, Mariona. No minuto 12 outra oportunidade boa de Peque cun tiro desde dentro da área que detén a porteira do equipo canario. No minuto 16 chega o segundo de Patricia, que está a facer un final de tempada espectacular, cun disparo tras un pase da capitá. Chega o descanso co marcador 4-0.

Na segunda parte o Teldeportivo fai fronte ao equipo local e aperta con maior intensidade, aínda que non consegue deter ás recentes campioas de Copa Galicia. No minuto 24 Gema aproveita un descoido de Jozi á que se lle escapa o balón e encaixa o 4-1, pero no 24, a habitual Peque mete o 5-1 desde o punto de penalti despois dun pase de Patricia. No 27, Irene Samper marca o 6-1 tras un pase de Emilly e no 31 outro de Dany cun pase de Peque. Nos últimos minutos do encontro comezan os cambios con as xogadoras dos equipos da base do Burela, Claudia, Dasha, Ester, Masha e Sonya, importante apoio para o persoal despois de xogar tantos partidos de Copa e coas diferentes seleccións nacionais. No minuto 36, xa con porteira-xogadora, Virginia atopa o 7-2 e no 38, Escribano o 7-3 cun disparo desde fóra da área.

Tras o partido continuouse coa homenaxe para Peque cunhas palabras por parte da afección e tamén por parte da xogadora. Un emotivo ata sempre que rematou cun eterno aplauso por parte da afección.

Coa indisposición de Julio Delgado por motivos médicos, Pablo Díaz está contento cos resultados, afirma que se conseguiron os obxectivos, ademais de conseguir os tres puntos, “ofrecer unha boa imaxe e saír con boas sensacións. Estes partidos con equipos da zona baixa realmente sempre nos custan, saímos poida que algo relaxados aínda que neste caso creo que foi ao revés. Na primeira parte demos boa imaxe, saímos ben, enseguida solucionamos o partido e na segunda creo que estivemos algo máis espesas”. Sobre as xogadoras cadetes e xuvenís que apoian ao conxunto, “meréceno, lévannos axudando durante toda a tempada, somos unha plantilla curta e xa desde o principio están en moitos adestramentos con nós”. Sobre o importante partido que vén, contra o Poio “non imos ir a empatar evidentemente, imos ir a gañar coma sempre e é importante porque conseguiríamos o factor cancha a favor”.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Gran Canaria Teldeportivo FSF

Pescados Rubén Burela FS: Jozi (P), Dany, Peque (C), Antía Pérez, Irene Samper – cinco inicial- Saki, Claudia, Jenny, Dasha, Masha, Patricia, Sonya, Emilly, Ester (P).

Gran Canaria Teldeportivo FSF: Mariona (P), Collado, Martita, Anita, Escribano – cinco inicial -, Pina, Sofia, Idoya, Gema, Virginia, Play, Marta J. (P)

Goles: Min.2 Irene Samper 1-0, min.5 Peque 2-0; min.7 Patricia 3-0; min.15 Patricia 4-0; min.23 Gema 4-1; min.24 Peque 5-1; min.26 Irene Samper 6-1; min.30 Dany 7-1; min.35 Virginia 7-2; min.38 Escribano 7-3.

Equipo Arbitral: Iria de Luis Iglesia, Javier Menéndez Nistal, Andrea de Luis Iglesia, Pablo Coello Martínez.

TA: min.26 Martita, min.38 Sonya.

Exit mobile version