Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Rodríguez reivindica Burela como referencia do sector pesqueiro nacional e internacional durante a inauguración de Expomar

Burela, 10 de maio de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, acompañada do alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, participou hoxe no porto burelés na inauguración da Feira Náutico-Pesqueira Expomar, que este ano chega a súa XIX edición. Isabel Rodríguez felicitou á organización por retomar de novo esta feira profesional do sector do mar, tras catro anos sen celebrarse por mor da pandemia do Coronavirus, e destacou que a mostra é unha oportunidade para consolidar a Burela no escaparate nacional e internacional do sector. Así mesmo, insistiu na necesidade de que as administracións traballen da man para acadar un sector pesqueiro rendible, moderno, eficiente e sostible. Durante catro días, o evento reunirá a empresas e profesionais do sector de dentro e fora de Galicia, ademais das tradicionais xornadas técnicas de pesca e encontros con organizacións empresariais.

Exit mobile version