Site icon Crónica3.com A Mariña

María Loureiro realizará “obras para renovar e mellorar os servizos públicos en Granxas, Covas, así o temos xa pechado no Plan Único da Deputación”

Viveiro, 25 de maio de 2023. Os socialistas de Viveiro anuncian varias actuacións en Granxas, Covas, para renovar diferentes viais e mellorar os servizos públicos.

“Son proxectos que xa temos pechados dentro do Plan Único da Deputación, obras necesarias nesta zona do concello”, asegura María Loureiro, candidata socialista á alcaldía de Viveiro.

As actuacións serán na Travesía Ramón Canosa, Rúa Granxas B, Rúa Granxas C e Rúa Granxas D, viais moi concurridos pola súa proximidade á praia de Covas e a existencia na zona de numerosos edificios de vivendas e establecimientos comerciais.

“As obras consistirán na pavimentación dos viais e na renovación da rede de saneamento, rede separativa de pluviais e a rede de abastecemento de auga”, explica Loureiro.
“Damos resposta ás demandas veciñais e continuamos co noso plan de mellora continua dos servizos e infraestrtuturas públicas en todo o concello”, engade a candidata socialista.

Exit mobile version