Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariña Patrimonio organiza unha visita polo patrimonio de Riotorto

A Mariña, 5 de abril, 2023. Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado día 13 de maio unha visita polo patrimonio de Riotorto. Está previsto achegarse en xornada de mañá á mina romana da Muxueira, ás igrexas de San Pedro e Santa Marta e á casa Moirón. Tralo xantar, visitarase o obradoiro dun ferreiro e a parroquia de Órrea.

A data límite para apuntarse remata o martes 9 de maio. Cómpre apuntarse enviando un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, nº de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus e se van participar no xantar.

Para máis información e coñecer os detalles desta visita a Riotorto pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio http://mrpatrimonio.blogspot.com

Exit mobile version