Site icon Crónica3.com A Mariña

Marta Rey :“Os socialistas cumprimos coa palabra comprometida publicamente coa veciñanza coa mellora da estrada que une Ribadeo e Vilela”

A candidata ás eleccións municipais subliñou hoxe “o compromiso e o traballo do Goberno progresista da Deputación de Lugo en favor da mellora das dotacións e das infraestruturas nas parroquias de Ribadeo”

Ribadeo, 2 de maio de 2023. A candidata ás eleccións municipais e Voceira da Agrupación Socialista de Ribadeo, Marta Rey, subliñou hoxe o compromiso e o traballo do Goberno progresista da Deputación de Lugo en favor da mellora das dotacións e das infraestruturas nas parroquias do municipio. Así o fixo tras comprobar in situ as obras para mellorar a accesibilidade e a seguridade na estrada provincial LU-P-5207, que une o núcleo urbano de Ribadeo e Vilela.

Son un total de 6 quilómetros, nos que a institución acometeu o pintado e sinalización da vía, que dá servicio a 2.000 veciños e veciñas. “Polo tanto, os socialistas cumprimos coa palabra comprometida publicamente coa veciñanza de Ribadeo acometendo esta obra nunha estrada moi frecuentada, sobre todo polos usuarios que acoden ás instalacións deportivas situadas ao pé da vía ferroviaria”.

A candidata socialista puntualizou ademais “que estas melloras únense as xa acometidas na LU-P-5204, que vai de Cedofeita a Regocorto por Arante, ata chegar a Trabada, onde tamén se renovou o firme con aglomerado en quente”.

Marta Rey lembrou o esforzo inversor da institución provincial destinado á veciñanza de Ribadeo nestes últimos anos. “Foron un total de 6,7M€ desde o principio do mandato. Polo tanto, non falamos de palabrerías, nin de fotos, aquí hai proxectos, investimentos e dotacións públicas que son útiles para a veciñanza de Ribadeo. Os socialistas escoitamos as demandas das parroquias, estudiamos as prioridades e as mellores opcións, e finalmente cumprimos cos proxectos anunciados”, incidiu.

Exit mobile version