Site icon Crónica3.com A Mariña

Milladoiro presenta o seu novo disco “Atlántico” este sábado en Burela

Burela, 9 de maio, 2023. O vindeiro sábado, 13 de maio, ás 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela, terá lugar a presentación do novo traballo do Grupo Milladoiro: “Atlántico”.

Ao longo dos case 40 anos de historia do Grupo e dende os seus primeiros traballos discográficos e concertos, Milladoiro fixo unha constante referencia a Galicia e en particular no que á súa música tradicional se refire.

Referencia que queda patente nos títulos de moitos dos discos e temas, así como dos comentarios que os acompañan, que fai que a totalidade da súa obra estea adicada practicamente na súa integridade a Galicia e ás súas tradicións como se pon de manifesto en títulos como: “A Galicia de Maeloc”, “Galica no País das Maravillas”, “ Galicia No Tempo”, “Iacobus Magnus”, “Gallaecia Fulget” …

O seu propio Nome “Milladoiro” e unha referencia inequívoca ao Camiño de Santiago e a Galicia, á nosa cultura e ao noso País, País que levou consigo ao longo dos seus concertos por todo o mundo.

Despois de 25 discos publicados, ademais de múltiples colaboracións en traballos doutros artistas internacionais, de 8 bandas sonoras para outros tantos filmes e máis de mil concertos ao longo e ancho de todo o mundo, o vindeiro sábado presentarán en Burela o último traballo discográfico realizado “Atlántico”.

As entradas para o acto están en Ataquilla.com dende 6 euros.

Exit mobile version