Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG presentou a súa candidatura da Pontenova

A Mariña, 6 de maio. Este venres, no Hotel San Briz, o Bng presentou a súa candidatura á alcaldía da Pontenova, encabezada por Xorxe Gómez Rico. Na presentación, ademais do candidato interviron o deputado mariñao Daniel Castro, e Jorge Macía, membro da candidatura.

Desde o BNG aseguran que é posible un futuro mellor, aproveitando e desenvolvendo as potencialidades do municipio, que son moitas. Para eso é necesario remar todos na mesma dirección, afirman, “creando un clima de colaboracion e consenso entre os diferentes axentes económicos, sectores sociais e institucións, para ofrecer aos cidadáns e cidadás da Pontenova un pobo máis moderno, dinámico e innovador, aproveitando tamén toda a nosa riqueza agroforestal e gandeira que ainda está por explotar en todo o seu potencial”.

Apostan por dinamizar o comercio local de proximidade incentivando o consumo dos diferentes produtos e artigos da súa ampla oferta, e traballarán desde o concello para facilitar o establecemento de empresas no municipio, e axudando especialmente a aquelas persoas que queren emprender un negocio.

A gran cantidade de recursos naturais, paisaxísticos, patrimoniais e culturais de que dispón o concello é outra das liñas de actuación dos nacionalistas, pois tén que ser a base dun turismo sustentable, de calidade, e que xere oportunidades económicas e laborais para a poboación.

Proponen tamén a participación de todo o tecido asociativo na toma de decisións que teñan a ver co seu ámbito sectorial, ao igual que a de todos os veciños e veciñas, por eso a participación veciñal na vida municipal sexa un dos piares da Pontenova do futuro , e polo tanto habilitarán mecanismos tales coma os orzamentos participativos, para que esto sexa posible.

O desenvolvemento de políticas de igualdade públicas, desenvolvendo programas e actuacións nesta materia de xeito interxeracional e a nivel educativo para conseguir un concello máis igualitario e xusto é outro dos piares das accións do BNG no concello.

A candidatura é a seguinte:

1. Xorxe Gómez Rico
2. Carmen Otero Ruiz
3. Marina Fernández López
4. Jorge Macía González
5. Tania Pardo Santos
6. Borja Rodríguez Aguirre
7. Pablo Méndez Díaz
8. Xosé Luis Gutiérrez Rivas
9. José Antonio González Rego
10. Manuel Rodríguez Méndez
11. José Pedro Reigada Peña
Suplente:
1. Antonio Díaz Lombardía

Exit mobile version