Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela decretou os servizos mínimos que prestará Urbaser na folga indefinida

Burela, 22 de maio de 2023. O Concello de Burela decretou os servizos mínimos que prestará a partires de mañá Urbaser, data na que a empresa inicia unha folga indefinida.
O alcalde, Alfredo Llano, dixo que “deste xeito queremos garantir un mínimo de limpeza en Burela durante o tempo de duración da folga. Queremos que os contedores verdes se recollan coa cadencia suficiente para evitar complicacións sanitarias, agora que xa estamos na primavera e que as temperaturas xa empezan a ser altas. A proposta de servizos mínimos xa lle foi enviada a Urbaser”.

O rexedor agarda que “empresa e sindicatos acheguen posturas e que a folga remate o antes posible. Esperemos que esta situación non se prolongue moito. De todas formas no Concello estamos preparados para revisar os servizos mínimos que se estean prestando por si nalgún momento fixese falta modificalos”.

Urbaser encárgase da recollida do lixo en Burela, da limpeza viaria e das praias e tamén do punto limpo.

Alfredo Llano pide “a colaboración da veciñanza co obxectivo de levar esta situación o mellor posible”.

Exit mobile version