Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén tenterá facer valer o martes o factor cancha

Un Burela FS nada habitual esta temporada foi superado polo Sala 10 Zaragoza contra o que se enfrontará este martes día 30 ás 20.30 hora

Burela, 26 de maio, 2023. Esta tarde de venres ás 20.30 horas disputouse o segundo encontro da primeira fase, ou semifinal, dos Play-off de Ascenso na que o Pescados Rubén Burela FS se enfrontou ao A.D. Sala 10 Zaragoza no Pavillón Século XXI de Zaragoza, cun resultado final de 4-1.

Na primeira parte, tras as primeiras rotacións, chega o primeiro gol do Sala 10 con un remate de Pescio no minuto 5 desde dentro da área. Algunha oportunidade máis por parte de ambos os equipos, aínda que en menor medida o Burela. Dúas oportunidades seguidas de Rikelme, nos minutos 9-10, e outra no 14 froito de unha boa combinación entre Pazos e Pitero case atopa o empate, pero Iván Bernad consegue deterlle os pés a Pitero antes de que consiga adiantar o marcador. No minuto 15 chega o 2-0 cun gol de Adrián Rivera tras unha parede con Óscar Villanueva. Remata o primeiro tempo.

Na segunda parte o Burela FS continúa sentíndose incómodo e o Zaragoza segue facendo un moi bo partido. No minuto 31 Carlos García mete o 3-0 nun contragolpe. Nese instante David Rial aposta por buscar o gol a través do porteiro-xogador e atópao no minuto 37 da man de Nando dende o segundo pau. Continúan apostando polo porteiro xogador, pero, sen conseguir resultados, chega o cuarto e último gol do Zaragoza no minuto 37 estando o Burela con porteiro-xogador e tras un saque longo do porteiro Iván Bernad.

David Rial fai dános unha valoración do partido e do equipo “creo que non estivemos ben, e creo que non fomos nós en ningún momento do partido, non estivemos cómodos”, “O principio do partido é relativamente bo, quizais do mellor que facemos na eliminatoria, creo que lle facemos dano en certas situacións de xogo que tiñamos falado para cambiar certas cousas, pero a partir de aí deixamos de ser fieis ao plan de partido e a nivel competitivo volveron a estar un punto por diante noso. É verdade que na casa competimos un pouco mellor o primeiro partido, pero creo que iso foi determinante, non estivemos cómodos en ningún momento e iso é o que temos que cambiar. Máis alá de situacións tácticas e axustes técnico-prácticos que podamos axustar de fronte ao partido, temos que aumentar o nivel competitivo e a partir de aí tratar de xogar de ti a ti porque se está notando que nos partidos que levamos están tendo un pouquiño máis de intensidade. Descansar o sábado e a partir do domingo preparar o partido en Vista Alegre que seguro que a nosa xente volverá estar connosco, que nos sentiremos apoiados. Estou seguro de que se verá unha versión do Burela moitísimo mellor e que volveremos ser nós unha vez máis”.

Ficha Técnica A.D. Sala 10 Zaragoza – Pescados Rubén Burela FS

A.D. Sala 10 Zaragoza: Iván Bernad (P), Óscar Villanueva, Richi Felipe, Carlos Retamar, Tomás Pescio, -cinco inicial-, Mateo Flores, David Yera, Alberto Inés, Adrián Rivera, Marcos Forga, Rubén Sancho, Adri Ortego, Dani Álvarez (P).

Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza (P), Isma, Alberto, Rikelme, David Pazos – cinco inicial -, Nito, Lucho (C), Pitero, Nando, Antón Arnejo, Eloy, Bruno (P).

Goles: Min.4 Tomás Pescio 1-0; min.15 Adrián Rivera (2-0), min.32 Carlos García 3-0, min.37 Nando 3-1; min.38 Óscar Villanueva 4-1.

Equipo Arbitral: Antonio Jesús García Robles, Eugenio José Quintero Carrión, Eduardo Sierra Gimeno, Susana Paraíso Sopena.

TA: min.14 David Pazos, min.17 Mateo Flores, min.19 Richi Felipe, min.30 Rubén Sancho (P), min.31 Nito, min.32 Rikelme, min.34 Nando.

Exit mobile version