Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Barreiros presenta unha candidatura “renovada e implicada ao máximo co municipio e os veciños”

Entre as cuestións que máis preocupan ao alcaldable é o déficit de socorristas nas praias do concello e a obtención da depuradora de San Miguel e Reinante

Barreiros, 4 de maio de 2023. O PP en Barreiros presentou unha candidatura “renovada e implicada ao máximo co municipio e os veciños” para as vindeiras eleccións municipais, co obxectivo de acadar uns resultados que lles permita gobernar. A presentación, que tivo lugar onte pola tarde no Restaurante La Yenka, contou coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana, o coordinador xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro Ourol e alcaldes e representantes do PP dos concellos da comarca.

Gómez Puente destacou que a lista “ten unha alta representación de mulleres e confórmana persoas que son referentes nas súas parroquias, xente traballadora e con moitas ganas de mellorar a calidade de vida dos veciños”. Neste sentido, resalta tamén a presenza sociosanitaria: “cremos que é moi relevante que teñamos tantas persoas do eido sanitario pola súa cercanía e humanidade coa xente, clave para levar a cabo o noso proxecto”.

Durante o encontro o alcaldable destacou as principais liñas coas que queren traballar se chegan a gobernar. Un dos principais problemas que ten Barreiros é o déficit de socorristas nas prais do Concello e por iso é unha das cuestións que máis preocupa aos populares. “Necesitamos volver a dotar a Barreiros dos socorristas que precisa para que haxa seguridade nas prais e precisamente cando gobernaba o PP, en Barreiros había un servizo de socorristas punteiro”, di o candidato.

En materia de infraestruturas, Gómez Puente considera fundamental conseguir a depuradora de San Miguel e Reinante, porque, entre outras cosas; “sen ela a praia de Arealonga seguirá estando pechada ao baño nunha parte”. Os núcleos de San Miguel e Reinante carecen de sistemas adecuados de depuración, pois as respectivas depuradoras están obsoletas, e os problemas quedan en evidencia, sobre todo en tempada estival polo aumento da actividade turística. É frecuente tamén as notificacións de positivos en contaminación microbiolóxica por presenza de bacterias fecais e que impiden o uso da zona de baño.

Pola súa banda, Rosa Quintana tamén puxo en valor a dimensión sociosanitaria dos integrantes da candidatura popular, que é a mellor opción para que Barreiros retome a senda de bonanza pola que transitaba antes das anteriores eleccións locais. É o momento, dixo, de apostar por un equipo cohesionado, motivado e que goberne por e para todas persoas, sen máis intereses que defender unha mellor calidade de vida para a veciñanza. Unha xestión que volverá a poñer ás persoas por diante e recuperará, por exemplo, un servizo de socorrismo que no pasado foi exemplar.

A responsable da política pesqueira galega coincidiu na importancia do saneamento, un piar da estratexia xeral do Partido Popular e que persegue mellorar a calidade das augas. De feito, Quintana destacou que Galicia conta desde xaneiro cunha Estratexia para mellorar o saneamento e depuración da costa e as rías galegas que pretende dar un impulso a esa mellora continua de aquí a 2027.

Lista Completa

1. José Manuel Gómez Puente
2. María Ramona García de Gabriel
3. Pablo Posada Rocha
4. María Mar Sante García
5. Manuel Alonso Díaz
6. Marñia Leticia Fernández Rey
7. Laura López Paz
8. Carlos Pérez Martínez
9. Sonia Piñeiro Rúas
10. Purificación Catalina Alvite Barreira
11. María Ángeles Sanjurjo Bermúdez

Suplentes

1. María Silvia Fernández Martínez
2. Iván Otero Lende
3. Paulino Lobán Rodríguez
4. Yasmina Fernández Rivas
5. José Manuel García de Gabriel
6. Concepción Fernández Iglesias
7. Evencio Rocha Noreda
8. Juan Bautista Vila Lanzós

Exit mobile version