Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente da Deputación compartiu coa veciñanza de Trabada a IV Festa Gastronómica da Enfariñada

Lugo, 7 de maio de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Alcaldesa de Trabada e tamén Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, compartiu este domingo coa veciñanza e os visitantes da localidade a celebración da cuarta edición da Festa Gastronómica da Enfariñada, que promove o Concello e conta coa colaboración da institución provincial. Unha cita, destacou José Tomé, que “aúna gastronomía, artesanía e música” para enxalzar un prato típico que pon en valor “as nosas tradicións e cultura”.

Ademais de degustar a enfariñada, da que está previsto repartir 500 racións, os asistentes á festa de Trabada poden desfrutar dunha xornada festiva con actividades e música, e un mercado de produtos locais e de artesanía.

Exit mobile version