Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz celebrou o 1 de maio nun Bispo Santo ateigado de veciños

Foz, 3 de maio, 2023. Máis de 200 persoas participaron nun xantar ao que acudiron o Delegado do Goberno José Ramón Gómez Besteiro, o presidente da Deputación José Tomé, o Secretario De Organización do PSdeG José Manuel Lage, o senador César Mogo, a deputada autonómica Patricia Otero, alcaldes, compañeiros e simpatizantes.

“Reivindicamos o dereito ao traballo de calidade e a uns salarios dignos. A suba do salario mínimo é un exemplo claro de que somos os socialistas os que nos preocupamos polos problemas reais das persoas” –indicou o alcalde de Foz e candidato nas eleccións municipais Fran Cajoto. Na tradicional comida que organiza o PSdeG de Foz a carón da capela do Bispo Santo, interviron desde o atril ademais do alcalde: Lage, José Tomé, a tenente de alcalde Inés López Couto e un Besteiro fortemente ovacionado.

O alcalde de Foz falou en clave local, do que se xoga Foz nunha cita histórica como son as municipais do 28 de maio: “Recibimos un pobo con atascos, sen planificar, coas dúas rúas principais no mesmo sentido de circulación. Un concello coas parroquias abandoadas. Unha avenida da Mariña completamente escachada e unha actitude ególatra do anterior dirixente ante os veciños. Despois da suba durante catro anos seguidos do IBI –máis dun 50%- agora pretende vendernos como proposta unha rebaixa ilegal da contribución: o Real Decreto Lexislativo 2/2004 non permite unha baixa do imposto só a empadroados. Noutras palabras: estanos enganando”. “Creemos sinceramente que a planificación, o traballo e o esforzo é o camiño que hai que seguir. Hoxe temos fibra óptica en todas as parroquias e por fin dispoñemos de beirarrúas ao cemiterio de Foz.

Hai moito feito pero moito máis por facer. Ofrecemos humildade e traballo e o máis importante: o noso compromiso con Foz”

Exit mobile version