Site icon Crónica3.com A Mariña

O viveirense Cristóbal Rodríguez convértese no primeiro español que coordina a final dunha copa do mundo de pentatlon

Viveiro, 30 de maio, 2023. O Internacional Mariñano Cristóbal Rodríguez Fidalgo (Celeiro-Viveiro 1991), actual Oficial de Operacións da (UIPM), marca un novo fito, ao ser designado pola Federación Internacional de Pentatlon Moderno para coordinar a final da Copa do Mundo de Pentatlón Moderna que se celebra a do 30 de maio ao 4 de xuño en Ankara (Turquía). Rodríguez será o encargado de coordinar todos os aspectos técnicos da proba, servendo de nexo de unión entre as diferentes Federacións Nacionais, deportistas, Xuíces e Organizadores, para levar o evento do máis alto nivel e Televisado, a diferentes partes do mundo a un conclusión exitosa.

Rodríguez é actualmente o executivo máis novo dentro da estrutura da federación internacional e en pouco tempo xa recibiu recoñecementos como a carta de recoñecemento que lle concedeu a esixente Federación Exipcia, polo seu bo facer no Mundial do Cairo. Deportista de elite, varias veces Campión de España, de Europa e do Mundo, agora recolle os froitos da súa etapa como deportista e estudante onde conta cunha gran cantidade de amigos de moi diversas nacionalidades. O vivariense destaca pola súa actitude conciliadora para mediar en calquera situación e a súa gran facilidade para as linguas, xa que é políglota, o que lle permite entender perfectamente cos países da órbita inglesa, cos de Oriente, xa que o seu Profesor foi o húngaro Bondy Kovacts , que estivo no Mundial de Viveiro en 2017 co seu alumno e por suposto cos países hispanoparlantes e lusófonos onde é considerado un referente mundial.

Exit mobile version