Site icon Crónica3.com A Mariña

“Oroza é Ouro (1923-2023)”, por Antonio Lage-Seara

A obra e pensamento de Carlos Oroza (1923-2015), camiña cara a inmortalidade internacional. Pertencía á Xeración Beat, un grupo dos 40, precursores do movemento hippie. Contracultura, rompedora de tabús, aberta ó consumo de drogas e a liberdade sexual.

Autodidacta. Declamaba sen partituras, estilo sabio, poeta profeta. Fíxose bardo para musicar momentos e cantar unha oda á vida. Camiñou por ela como peregrino con ás, un paxaro libre, “predicador de lo imposible”. Viviu en Viveiro, Madrid, Ibiza, Nova York, e en Vigo dende 1985, onde se converteu nun gurú.

O Ginsberg hispano. A súa visión era a de percibir e transmitir a fermosura a través das verbas. Non so era vate, tamén filósofo. Coa mirada de entender o mundo, convivir en harmonía, escoitar, pensar, sentir…

Dicía de Viveiro que é “un pueblo que ya no existe, toda la belleza les molesta. Han taponado el mar, han destruido cosas beneficiosas para la cultura…han cortado árboles…” As autoridadees renderanlle o tributo que lle privaron en vida, como acontece cos “rebeldes incomprendidos” que non se axeonllan.

Na illa pitiusa coñeceu ós Pink Floyd, e á Joan Baez, por entón parella do Bob Dylan que non recolleu o Nobel de literatura. Luis Eduardo Aute cantou as súas letras. Paco Umbral dixo de el “ha devuelto la poesia a su origen sagrado… Fue el poeta travieso del Café Gijón. el bohemio de los años 60, el hombre que se levantó contra la Guerra de Vietnam”. Pernas ” rapsoda que sanaba a quien lo escuchaba”.

Nunha ocasión, con motivo de adicarlle unha rúa, escoitei a un deputado dicir algo como -“¿Qué hizo Oroza por Viveiro? ¡Hice yo más!”-. Soberbia absoluta, ademais quen a emitía , non xestionou nin un STOP.

O papel de Oroza non era asfaltar pistas, pero sí poñía farolas, porque iluminaba. O seu ámbito non é local, é universal. Non é material, é espiritual, dos que miran e miman ó corazón. Susurraba á alma. Non cría en nacionalismos, “dejad que el trigo crezca en la fronteras”. Politicamente anárquico, “Podría amar a un enemigo”, auto definido como ácrata, negando a autoridad violenta. Férreo defensor do feminino, con seu Évame Malú. Amante do verde. Voaba por riba dos estigmas sociais, ou da ambición humana desmesurada.

Un Mahatma Gandhi, austero, sinxelo, sen pretensións. O seu corpo levitaba. Jabois escribiu que “vivía de no tener hambre”. Manuel Vicent “con la carne pegada a sus huesesillos de ave y sin una peseta en el bolsillo”. Un Valle-Inclán.

Medalla de Ouro do Círculo de Bellas Artes, Premio Internacional de Poesía Underground, Premio Laxeiro. Autor de Elencar (1974), Cabalum (1980), Alicia (1985), Una porción de tierra gris del norte (1996), En el norte hay un mar que es más alto que el cielo (1997), La llama prestada (1998),Un sentimiento ingrávido recorrió el ambiente (2006)…

Editorial Elvira é garda e depositaria das suas letras. “No cesaré en el empeño hasta convertir el territorio en mi estatura”. Deixou a maior das herendanzas, a dun home honrado e humilde, cun respeto absoluto pola natureza e os seres que a habitan. Legou unha lección brillante, Oroza é Ouro.

Exit mobile version