Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Bombeiros axudan a saír a unha persoa do interior do seu vehículo envorcado tras saírse da vía en Foz

Foz, 7 de Maio, 2023. A persoa sufriu o accidente cando circulaba pola N-642, á altura do punto quilométrico 32, no concello de Foz.

Ata o lugar, tras ser informados polo 112 Galicia, acudiron de inmediato ademais do persoal sanitario, os Bombeiros de Barreiros, que indicaron que non foi preciso excarcerar á persoa. Segundo relataron, debido á posición na que quedou o vehículo, as portas non abrían, polo que, axudaron a saír á persoa por unha das fiestras do coche.

Cinco minutos antes das 12 horas deste mediodía, o persoal sanitario comunicaba ao 112 Galicia que unha ambulancia desprazábase, nese intre, cara a N-642, por mor dun coche que envorcar tras saírse da vía.

Foi nese momento cando os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros, dos axentes de Tráfico e da Policía Local e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Igualmente, foron informados os membros do GES de Cervo.

Exit mobile version