Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Viveiro lamentan que “a candidata do PP faga campaña cos problemas do CEIP de Galdo, xa que non fixo nada cando era delegada de Educación”

O PSOE pon en valor “o que sí se fai desde o concello para colaborar coa comunidade educativa local”

Viveiro, 19 de maio de 2023. Os socialistas de Viveiro lamentan que a candidata do PP, Mariña Gueimunde, “faga campaña cos problemas do CEIP de Galdo, utilizando as demandas da ANPA de forma partidista”.

“Durante o tempo que foi delegada territorial de Educación non fixo nada para solucionar os problemas coa humidade e as polillas, e agora, a unha semana das eleccións, ofrécese como mediadora”, sostén o PSOE.

“Non todo vale en política, e menos xogar coas preocupacións dunha comunidade educativa apra intentar sacar rédito político”, engaden os socialistas.

Ademais, o PSOE quere poñer en valor “o que sí se fai desde o concello, xa que aínda que non ten competencias en materia de ensino, realiza tarefas de mantenemento nos centros de forma continua, pon autobuses para os excursións do alumnado e colabora en todo o que pode coa comunidade educativa de Viveiro”.

Exit mobile version