“Nos o que queremos é construír o futuro deste concello, partindo dun punto básico fundamental, con diálogo e coa colaboración de toda a veciñanza sen excluír a ninguén por afinidades políticas, e por suposto, dende unha visión progresista, feminista, ecoloxista e, cun goberno apegado ás cidadáns, como sempre fixemos os socialistas sen deixar atrás a ningunha familia que teña dificultades”, sinalou Esperanza González.
A candidata socialista dixo que o gasto máis relevante que ten o Goberno do PP en Mondoñedo, “son as campañas de publicidade e propaganda, onde cada ano comprobamos que van en aumento”.
Tamén se referiu ás obras da Praza da Catedral que comezaron esta mesma semana. “Agora que chegan as eleccións viñeron as obras e a limpeza das nosas rúas, e eu alégrome. Porqué o espectáculo de como esta Praza é un autentico esperpento. O Concello de Mondoñedo xa informou no seu día que renunciou a subvención concedida polo Ministerio de Fomento relativas ao 1,5% cultural, e que supoñían unha achega económica de 180.000 euros. Pero agora o PP de Mondoñedo emite un comunicado para criticar ao Ministerio. É dicir o Concello non fai a obra e o Ministerio reclamoulles a subvención, paréceme o máis legal do mundo. Eu non sei como esta acostumado a traballar o PP, pero cando pides unha subvención e non executas a obra terás que devolver os cartos”, por certo hai que lembrar que tivo varias prórrogas para executalas.
“O 28 de maio é importante que acudades a votar, porque só dende a democracia se pode cambiar o futuro dun pobo. Por todo isto, esperamos poder contar con vós para traballar xuntos polo futuro do noso querido Mondoñedo”, dixo a candidata socialista.