Site icon Crónica3.com A Mariña

Podemos pelexará pola mellora das infraestruturas en Viveiro

Viveiro, 18 de maio, 2023. Podemos Viveiro denuncia a gran carencia de infraestruturas e a falta de investimento para o mantemento e conservación das mesmas, tanto a nivel local, como provincial e autonómico.

Este abandono, segundo manifestou dito grupo, “conleva aparellada a perda de protagonismo do noso municipio na Mariña e tamén a perda de poboación xa que, ao non contar coas infraestruturas necesarias, as empresas abandonan o concello, ao tempo que se imposibilita que a nos acidade sexa atractiva para empresas que buscan onde establecerse”.

En palabras de Roberto Yáñez, candidato por Podemos á Alcaldía de Viveiro “con nós a veciñanza terá mellores estradas que faciliten a súa mobilidade diaria e loitaremos por unha mellora dás infraestruturas de comunicación”

Exit mobile version