Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata en Ribadeo ‘Os anos que achegan, Festa da Primavera’

Ribadeo, 5 de maio de 2023. As usuarias e usuarios do centro de día A Concordia e 120 alumnas e alumnos de varios centros de ensino de Ribadeo participaron do 2 ao 5 de maio en Os anos que achegan, Festa da Primavera. Hoxe estiveron con todos eles o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz.

Os anos que achegan é unha actividade interxeracional co galego como fío de unión, arredor dunha idea orixinal do centro de día A Concordia e está enmarcada no programa Apego.

Ata o centro de día achegáronse ao longo desta semana nenas e nenos da escola infantil Santa María do Campo, de Tangram, de Con Sentidiño, do Ceip Gregorio Sanz e do colexio Sagrado Corazón, que interactuaron coas persoas maiores coa colaboración do alumnado dos ciclos de educación infantil e de atención a persoas en situación de dependencia do CIFP Porta da Auga.

Exit mobile version