Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematan as XII Xornadas Formativas 2023 organizadas pola Fundación Imdecum

Burela, 16 de maio, 2023. Rematan as XII Xornadas Formativas 2023 organizadas pola Fundación Imdecum en colaboración coa Deputación de Lugo e o IES Monte Castelo de Burela celebrada a terceira sesión no día de onte, luns 15 de maio. Como cada ano, a actividade levouse a cabo ao longo de varias sesións nas que diferentes profesionais do deporte nos darán unhas nocións básicas e introductorias sobre diferentes disciplinas.

Para a apertura da actividade tratouse o Deporte Estrela da comarca, o fútbol sala, o mércores día 10 ás 16.15 horas no Pavillón Monte Castelo de Burela. Cunha clase maxistral teórico-práctica sobre os “Fundamentos e técnicas básicas do Fútbol Sala”, impartida polo adestrador do equipo masculino do Pescados Rubén Burela FS, David Rial. O xove e formado técnico continúa demostrando o seu saber facer durante esta tempada no equipo mariñano que, despois de realizar unha tempada inmellorable, competirá polo ascenso a Primeira Federación durante as próximas semanas nas fases dos playoff. Provinte do Santiago Futsal onde deu os seus primeiros pasos e foi adestrador asistente en Primeira Federación (2015-2018) e primeiro adestrador en Segunda Federación (2019-2021).

Na segunda sesión o tema a tratar será “Forza, rendemento e saúde”, o xoves día 11 de maio ás 9.30 horas no ximnasio do Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela. Dan man do recoñecido adestrador checo Mirek Kadlec, que nos falou sobre a relación e beneficios de prácticas máis enfocadas ao adestramento físico. Kadlec é profesor no centro Gymnasium Prípotcní de Praga, co que o IES Monte Castelo comparte un proxecto educativo dende fai máis de 20 anos, motivo polo que o profesional da eduación física se atopa na comarca actualmente, realizando un Jobshadowing dentro do programa Erasmusplus. Ademáis de mestre tamén conta cun centro deportivo, xa que é un recoñecidísimo adestrador persoal a nivel nacional e conta con numerosos premios. Todo un referente na República Checa.

Por último rematamos as xornadas cun interesantísimo relatorio sobre “Artes Marciais Orientais. Nocións básicas e evolución ata hoxe”, que terá lugar o luns día 15 de maio ás 17.45 horas. Neste caso será o experto en artes marciais, especialmente en Kung-fu Arturo Fernández que nos presentará en termos xerais as diferentes artes marciais que imparte, sobre todo, relacionadas coa defensa persoal. Ensinándonos a distinguir entre unhas e outras segundo a historia e finalidade que busca cada unha delas. Unha introducción aos aquí tan famosos coma descoñecidos conceptos sobre as artes da loita orientais. Arturo, ademáis de levar unha coñecida librería en Burela (Nobel Burela), comezou no mundillo das artes marciais aos 6 anos a través do Judo, no que competíu ao longo de moitos anos. Por motivos laboráis trasladouse á Mariña Lucense onde comezou a estudar máis artes marciais con Miguel Ángel Rojo. Hoxe en día practica IAIDO, taijitsu, aikijujutsu, Kung-fu, varias especialidades e estilos de Taiji quan e Qi gong. Viaxou a China en varias ocasións para aprender a técnica do kung-fu do que é árbitro e instrutor nivel 2.

As xornadas foron impartidas ao primeiro curso de TSEAS do IES Monte Castelo, aínda que tamén era aberto ao público.

Exit mobile version