Site icon Crónica3.com A Mariña

Varios eventos obrigan a cortes de rúas e estradas de Xove esta fin de semana

Xove, 16 de maio de 2.023. Esta fin de semana será intenso no Concello de Xove coa realización de numerosas actividades:

SÁBADO 20:
-Festa das Flores (Asociación de Festejos Montevelle)
-Percorrido por estradas do Concello do IV Rally Club Clásicos de Viveiro
– Fase intermedia campeonato galego de Futbol-8 (prebenxamin, benxamin e alevin)

DOMINGO 21:
-Feira cabalar de Lago (Asociación Equina A Medela);
-Percorrido por estradas do Concello do campionato nacional de ciclismo adaptado
-Copa Deputación de Fútbol-8 (prebenxamín, benxamín e alevín)

Debido a algunha das citadas actividades, en especial a celebración da Festa das Fillas de María e do Campionato Nacional de Ciclismo Adaptado, produciranse os seguintes cortes de rúas e estradas.

Cortes para a Festa das Fillas de María:
A Rúa Doutor Baamonde estará pechada á circulación de vehículos o venres 19 de maio desde ás 8:00 h. (Para os preparativos). O sábado todo o día e toda a noite (este día celébrase a Festa das Fillas de María). O venres e o sábado tamén estará pechada a circulación nas rúas da igrexa, dende o cruce coa Rúa Baamonde ata o cruce dos Carballás.

Cortes para o Campionato Nacional de Ciclismo Adaptado:
Domingo 21 de maio ata as 14:00 h, a Rúa Doutor Baamonde estará pechada con motivo do Campionato de España de Ciclismo Paralímpico. Ademáis da citada rúa, os ciclistas van realizar 5 voltas ao Concello, razón pola cal as estradas polas que pase a carreira van estar pechadas ao tráfico en horario de 9:00 a 14:00 h.O percorrido de cada unha das voltas é o seguinte: Entran por Faro, Esteiro, Ceranzos, Maciñeira, Vilachá, Portocelo, Villalpol, Sumoas e pasan Xove pola Rúa Doutor Baamonde Illade, xiran á dereita pola Avda. Diputación, Polígono de Camba, Alto do Cruceiro e baixan por Reboredo.

Tamen se van cortar unha serie de rúas debido a Fase Intermedia do Campionato Galego de Fútbol-8 que se vai celebrar en Xove o sábado. A estrada que vai da Igrexa de Lago ao Campo de Fútbol de Xove vaise desviar pola pista que bordea o Campo Municipal e que sae ao final da Avenida Deputación. Ademáis van estar cortados varios tramos de Rúas que dan acceso ao campo de fútbol. A organización tamén dispón de varios aparcadoiros de bus nas rúas da contorna do campo.

No caso de que xurdira algunha emerxencia por parte dalgún veciño, pregamos que a comuniquen aos servizos de seguridade vial da organización da carreira, chamando ao teléfono: 678 046 372.

Dende o Concello piden disculpas polas molestias ocasionadas, e aproveitan para convidar a todos os veciños a desfrutar das moitas actividades programadas.

Exit mobile version