A viaxe será en autobús, con paradas á ida para coñecer Auray e á volta para visitar Burdeos. O aloxamento será coas correspondentes familias de acollida e, durante a estancia, gozaremos das diversas actividades que a Asociación de Loctudy nos está preparando. Polo que de momento sabemos, unha delas vai ser coñecer os cruceiros e calvarios estudados no seu libro As Cruces de Pedra na Bretaña, ao que eles teñen en estima. O prezo será de 200 € por persoa.
Despois da experiencia de anos anteriores, só cabe destacar a insuperable acollida dispensada, o interese das actividades ofrecidas, así como o ambiente de plena camaradería e amizade percibidos polo participantes do grupo.
Anímase ás persoas interesadas en dispoñer de máis información, a dirixirse a través do tf 629 47 52 99 ou do correo electrónico irmandade.ribadeo@gmail.com.