Site icon Crónica3.com A Mariña

“Viveiro en Ruta”, iniciativa para o deporte da candidta do BNG, Míriam Bermúdez

Viveiro, 12 de maio, 2023. O que durante décadas foi demanda veciñal, en dous anos Míriam Bermúdez puxo en marcha a páxina web: Viveiro en ruta.

O BNG cunha única concelleira e na oposición, foi quen de sacar adiante o proxecto “Viveiro en Ruta”. Unha completa web de rutas por todo o noso concello con mapas interactivos, fotografías e ficheiros descargábeis para seguir as rutas co móbil ou dispositivo Gps.

Míriam Bermúdez asegura que “hai que sacar ao Concello do seu -modo repeat- anual de acontecementos e impulsar novas actividades que motiven ás persoas a facer deporte, socializar e desfrutar do noso concello. Viveiro merece ser gobernado con máis enerxía e novas ideas”.

“Viveiro en Ruta é unha mostra máis de que temos proxecto, sabemos das carencias de Viveiro e temos Políticas Municipais para cada unha delas. Temos solucións aos problemas”.

Exit mobile version