Site icon Crónica3.com A Mariña

3 medallas de ouro e 1 de bronce para o C.D. Egovarros nos campionatos galegos de 10km en ruta e de pista ó aire libre

Viveiro, 6 de xuño, 2023. O pasado domingo celebrouse na cidade de Vigo o Campionato Galego de Veteráns de Pista ó Aire Libre, no que a atleta do C.D.Egovarros-Viveiro Mari Luz San Martin, na categoría de W70, actual campeona de España de 100 e 200 metros, volveu a demostrar que se atopa en perfecto estado de forma, acadando as medallas de ouro nas probas de 100 e 200 metros lisos.

O Campionato Galego de 10km en ruta celebrouse o pasado domingo la localidade de Carballo, onde estivo representado o C.D.Egovarros-Viveiro por 6 atletas veteráns, acadando a medalla de ouro José Dopico na categoría de M65 e medalla de bronce o seu compañeiro, Eliseo López, na categoría de M70. Os outros atletas que representaron o clue viveirense foron: Marcelo Vasquez, Rubén Vila, Andrés Piñón e Jose Ángel López, que tamén competiron a un gran nivel.

Exit mobile version