Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Burela, Carmela López, asinou o reparto das Áreas de Goberno para este mandato

Burela, 22 de xuño de 2023. A alcaldesa, Carmela López, asinou o reparto das Áreas de Goberno para este mandato. O pleno de organización está previsto que se celebre o vindeiro xoves, 29 de xuño.

Mario Pillado, primeiro tenente de alcaldesa, será o responsable das Áreas de Xustiza Social, Mocidade e tamén Educación, que aglutinan ademais Inmigración e Cooperación, Escola de Música, Aula Cemit e Centro de Drogodependencias.

Ramiro Fernández Rey, segundo tenente de alcaldesa, levará as Áreas de Obras e Benestar Comunitario, Turismo e Mar, que inclúen (Sumidoiros, abastecemento de auga, recollida de residuos, limpeza viaria, cemiterio, alumeado público e tamén escolas infantís).

Lina Gómez Pardo será a concelleira delegada de Cultura e Comercio de Proximidade; Patricia Eijo Palmeiro, levará as delegacións de Economía e Facenda, Festas e Festexos; Alejandra Fernández Cillero farase cargo da Delegación de Igualdade e Servizos Sociais; e Carlos Méndez Pena, será o concelleiro de Deportes e Sanidade.

Da xunta de goberno local formarán parte Carmela López, Mario Pillado, Ramiro Fernández, Lina Gómez e Patricia Eijo.

Exit mobile version