Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Municipal de Música de Xove ofrece, de xeito gratuíto, o Obradoiro de iniciación musical, que se levará a cabo durante o mes de xuño

Este obradoiro terá duración de catro sesións e realizaranse nas instalacións da Escola Municipal de Música, en Palmeiro. Está destinado a todos os rapaces dende primeiro de primaria en diante que lles guste a música. Poderán utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música. Para inscribirse terán que cumprimentar unha folla de inscrición, e entregala presencialmente na Escola de Música o primeiro día do taller. O obradoiro realizarase os sábados 3, 10, 17 e 24 de xuño en horario de 11:00 a 12:00 h, finalizando a actividade coa participación conxunta no Concerto de Fin de Curso da escola de Música.

Exit mobile version