Site icon Crónica3.com A Mariña

As laranxas engrandecen a súa lenda cun novo título de liga

O Pescados Rubén Burela FS proclámase Campeón de Liga 2022-2023, quinta liga e cuarto título dos catro disputados esta tempada

Burela, 25 de xuño, 2023. O segundo encontro da final do Playoff celebrouse ás 18.00 horas da tarde de onte no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela, onde puidemos gozar de novo do clásico Pescados Rubén Burela FS – Futsi Atlético Navalcarnero nun segundo partido que podía ser decisivo e así foi. As Guerreiras Laranxas proclamáronse Campioas da liga 2022-2023, quinta liga do equipo. Despois dunha tempada case perfecta o equipo de Burela levouse o seu cuarto título da tempada, dos catro disputados. Podemos afirmar que este ano nosas guerreiras foron Campioas de todo.

Tras dun partido moi disputado, sobre todo na primeira parte, onde o conxunto de Julio Delgado comeza perdendo 0-2, non podendo quedar indiferentes ante o resultado remontan o partido desa forma á que nos teñen xa afeitos, con entrega, paixón e sacrificio.

Cun pavillón cheo, sobre 1200 espectadores, asistiron ao encontro o Presidente da CNFS José Miguel Monje, como Asesor do Presidente o membro da xunta directiva da RFEF, Antonio García-Plata e como Representante Institucional da CNFS, Luís Amado. Tamén asistiron a seleccionadora nacional Claudia Pons e o seleccionador nacional Federico Vidal. Tamén acudiu ao partido Natalia Orive, membro da xunta directiva da RFEF e Presidenta da Asociación de Xogadoras de Fútbol sala (AJFSF). Da RFGF, o Vicepresidente Pablo Prieto e da Xunta de Galicia o Xefe de Servizo de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero Méndez. Por parte do Concello de Burela asistiu a nova alcaldesa Carmela López Moreno.

Comeza o partido con oportunidades erradas para o Pescados Rubén, unha clarísima de Antía Pérez no minuto 2 cun potente disparo que vai á o traveseiro e outra no minuto 3 de Dany cun tiro desde a banda que detén a porteira do equipo madrileño, Marta Balbuena. No minuto 4 tras un pase longo Becha atopa o 0-1 soa ante Caridad. No 10 de novo Becha, de forma parecida ao primeiro gol, mete o segundo recortando o balón antes de lanzar a portería. Continúa o xogo con poucas oportunidades para senllos equipos, presiona o Futsi deixando un dobre paradón incrible de Caridad tras un tiro frontal desde fóra da área e outro inmediatamente posterior ao que logra chegar salvando o terceiro gol en contra. No minuto 19 chega o primeiro gol do Burela, cun tiro de Dany que tras unha boa combinación con Peque corre cara á portería e anota o 1-2 con disparo desde fóra da área. Remata a primeira parte co marcador 1-2.

No segundo tempo chega o empate no minuto 26 tras un remate de Patricia despois dun pase de Emilly que Balbuena non logra deter. No minuto 29 chega a quinta falta do Futsi. Continúa o partido sen goles, cun Pescados Rubén que presiona pero non atopa o tanto da vitoria. No minuto 36 Irene Samper aproveita unha boa oportunidade cun disparo que detén Balbuena. Na sexta falta no minuto 39 o dobre penalti que lanza Antía é interrompido pola porteira do equipo madrileño dando posteriormente no pau e non conseguindo poñer por diante o marcador. Chega o final do partido e comeza a prórroga. Durante a prórroga ningún dos dous equipos atopa o gol e chegan os penaltis. Despois de dous paradones da nosa porteraza e segunda capitá Jozi Oliveira e 5/5 acertos por parte do conxunto laranxa, pleno ao cinco, o encontro remata cun marcador final (5)2 – 2(3).

O Pescados Rubén Burela FS proclámase Campión de Liga e Campioas de Todo da Tempada 2022-2023.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Futsi Atlético Navalcarnero

Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Antía Pérez, Irene Samper, Emilly – cinco inicial- Saki, Peque (C), Jenny, Patricia, Jozi Oliveira (P).

Futsi Atlético Navalcarnero: Marta Balbuena (P), Irene Córdoba, Ame Romero, María Sanz, Laura Córdoba – cinco inicial -, Becha, Leti (C), Luchi, Belén (P)

Goles: Min.4 Becha 0-1; min.10 Becha 0-2; min. min.19 Dany 1-2; min.26 Patricia 2-2;

Equipo Arbitral: Tomás Santander, José Lázaro e María López.

TA: min.3 Jenny, min.12 Peque, min.14 Becha, min.17 Leti, min.24 Antía Pérez, min.25 Laura Córdoba, min.29 Laura Bodero (Fisioterapeuta Futsi), min.32 Alberto Arranz (Segundo entrenador Futsi), min. 39 Julio Delgado (entrenador Burela FS).

Exit mobile version