Site icon Crónica3.com A Mariña

As obras da rúa Casa do Pobo, de Ribadeo, están na súa fase final

Ribadeo, 16 de xuño de 2023. Concluíu o aglomerado na rúa Casa do Pobo. Nos vindeiros días rematará a totalidade desta importante obra, que supuxo un investimento de 100.000 euros.

A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “asistirmos estes días ao remate das obras realizadas na rúa Casa do Pobo, que deron comezo hai uns tres meses. Coa execución deste proxecto o Concello de Ribadeo deu un paso definitivo para arranxar este viario que se atopaba en moi mal estado de conservación e que levaba moitos anos precisando dunha mellora”.

A edil ribadense lembrou o intenso traballo técnico realizado para elaborar o proxecto de acondicionamento desta rúa, que agora conta un ancho de 10 metros: “as veciñas e veciños da rúa Casa do Pobo cederon as superficies necesarias para poder chegar a ese ancho de 10 metros que marca o noso plan xeral, e por iso, hoxe é posible disfrutar xa desta rúa moderna, cómoda, que conta con beirarrúas novas e aglomerado en quente.

Instalouse tamén unha nova canalización de saneamento, mellorando a de abastecemento de auga, e soterráronse as liñas de enerxía eléctrica e telefonía. Tamén se colocaron varandas metálicas, nova sinalización horizontal e vertical e iluminación led. Quedan uns pequenos flocos pendentes, que culminarán nos vindeiros días”.

Freire Rancaño engadiu: “pouco a pouco estamos a ver como algunhas das obras proxectadas nos últimos meses polo equipo de goberno están chegando ao seu fin para que a veciñanza poida gozar de todas estas melloras”.

Exit mobile version