Site icon Crónica3.com A Mariña

Catro alumn@s do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, destacan ao compaxinaren estudos con éxitos deportivos, tres deles en remo e un en tiro con arco

Ribadeo, 13 de xuño de 2023. Catro alumn@s do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, compaxinan os seus estudos no centro con éxitos deportivos, tres deles en remo no Club de Mar de Castropol (Yago García Méndez, Pablo González Rodríguez e Valeria Álvarez Fojo) e un en tiro con arco, Sergio López Delantero, no club Iadovi, de San Cibrao.

Yago García ten 19 anos, vive en Castropol e estuda o Ciclo Superior de Administración e Finanzas. Entre os numerosos éxitos que conseguiu no remo destaca que no ano 2020 quedou subcampión de España en dobre skull. Para compaxinar os estudos coa practica do deporte a este nivel considera que “hay que tener una buena organización y además el centro nos ayuda porque cuando tenemos alguna competición en horario de clase al traer el justificante no ponen ninguna pega y al día siguiente te refuerzan la materia que dieron, lo que es de agradecer”, explica.

Valeria Álvarez ten 17 anos, reside en Ribadeo e cursa o Ciclo Medio de Xestión Administrativa. O seu maior logro no remo ata agora foi un 4º posto no Open Primavera celebrado en marzo deste ano en Banyoles (Cataluña) e na pasada Semana Santa estivo concentrada coa selección española xuvenil en Sevilla. Para compatibilizar estudos e deporte comenta: “me organizo de tal manera que si no me da tiempo a estudiar y a acabar la tarea antes de ir a entrenar lo hago al volver”.

Pablo González tamén ten 17 anos e vive en Ribadeo. Estuda o Ciclo Básico de Mantemento de Vehículos. Como remeiro conseguiu un subcampionato de Asturias e anteriormente practicou o fútbol, na SD Ribadeo, etapa na que logrou medallas coa selección galega e outros éxitos. Explica que a practica do deporte non lle impide aprobar todas as materias do ciclo que estuda.

E Sergio López ten 37 anos, reside en Burela e cursa o ciclo de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación para adultos. Na práctica do tiro con arco o seu maior éxito foi un subcampionato de Galicia na modalidade de aire libre, nunha competición na que só foi superado polo olímpico galego Miguel Alvariño, e en xaneiro deste ano logrou o primeiro posto no trofeo Torre de Hércules, na Coruña. “Estudio por las tardes, practico el tiro con arco casi todas las mañanas y algunos fines de semana voy a competiciones”, explica Sergio López, quen engadiu: “actualmente no solo soy arquero sino que también estoy preparándome para ser juez nivel 1 de tiro con arco, que lo estuve sacando el mes pasado y ahora estoy con las prácticas. Me gustaría que más gente se anime a practicar deportes minoritarios como éste, que son muy bonitos y con un camino duro pero placentero de recorrer”.

Sobre estes catro alumn@s do CIFP Porta da Auga que compaxinan os estudos coa practica deportiva a alto nivel, o director do centro, Isidro Berdeal, comenta: “estamos orgullosos de ver que os nosos estudantes, de distintos niveis educativos, compaxinan os estudos co deporte. Boa mostra é calquera dos tres alumnos que participan en modalidades de remo, que é alumnado de FP básica, de ciclos medios e de ciclo superior, e o outro alumno, que participa neste caso en tiro con arco, compaxina estudos, traballo e deporte. Todos sabemos que o deporte é sacrificado, que lle hai que dedicar moitas horas aos adestramentos e que moitas veces non teñen o recoñecemento nin se obteñen os resultados merecidos. Animámolos a seguir adiante tanto cos estudos, evidentemente, como coa súa vida deportiva, que continúen con eses bos hábitos e que logren os resultados esperados”.

Exit mobile version