Site icon Crónica3.com A Mariña

“Gracias Edmundo Maseda pola túa inmensa xenerosidade”, por M.ª Xosé Barreira Goás

Inicio esta carta, sabendo que o resultado da sesión de investidura do 17 de xuño no Valadouro causou sorpresa, pois pese a renuncia do noso compañeiro Edmundo Maseda, alcalde durante 8 anos neste concello do PsdeG-PSOE, solicitabase tamén a alcaldia, de forma irrenunciable por parte de UDIVAL. O que nos levou asinar ese pacto é a intención de continuar o traballo realizado nestes anos e proxectos pendentes, detallados no noso programa electoral. A outra opción é que gobernara o grupo máis votado (PP). Esta decisión é moi dolorosa, porque non podemos chamarlle doutra forma, “entregamos un compañeiro”.

Nestes anos Edmundo Maseda traballou contra vento e marea, é de todos sabido,con moitas dificultades, dentro do concello e da propia agrupacion socialista. Esta campaña electoral foi un “todos contra Mundo”, donde predominaban as liortas persoais sobre as políticas. Ainda así non desisteu,e sigueu a loitar,e a nosa intención é darlles continuidade aos seus proxectos. De non ser así e non poder facelo non estaremos. Porque é o proxecto do PsdeG- PSOE do Valadouro.

Desta situciación sempre estivo enterado ao “minuto uno” Edmundo, e nun exercicio de enorme xenerosidade renunciou a súa acta, e sigue a apoiarnos.

Por eso non podo máis que darche as gracias por todo e por tanto, pola túa ilusión, pola túa dedicación, pola túa altura de miras. O tempo dirá.

Exit mobile version