Site icon Crónica3.com A Mariña

O Campionato Galego Alevín de Natación de Verán terá lugar esta fin de semana, 24 e 25 de xuño, na piscina olímpica municipal de Cervo

Participarán un total de 267 nadadores, pertencentes a 29 clubs da nosa comunidade. Na presentación da proba, que organizan o CN Xove e a Federación Galega de Natación, coa colaboración do Concello de Cervo e do Concello de Xove, participaron o concelleiro, David Rodríguez, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, o secretario xeral da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera e o presidente do Club Natación Xove, Alberto Pigueiras.

Exit mobile version