Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP compromete traballo “en defensa dos veciños de Burela”, mentres “o bipartito comeza perdendo subvencións que permitirían dar emprego a seis bureleses no paro”

O Concello tivo que renunciar, pola desidia e ausencia de xestión dos que nos pretenden gobernar, a preto de 75.000 euros subvencionables para a contratación de persoas perceptoras da Risga e co programa Aprol Rural

Burela, 18 de xuño de 2023. O Grupo Municipal do PP contará neste mandato co mesmo número de concelleiros que o PSOE, 5, tralas eleccións municipais do 28 de maio no que a candidatura popular quedou a tan só 4 votos da socialista. Así, Manuel Rouco, Encarna Bernal, Félix Martins, Ángel González e Susana Fernández tomaron posesión das actas de concelleiros na Corporación municipal de Burela polo Partido Popular “coas mesmas ganas de sempre de defender os intereses dos veciños e veciñas de Burela”.

De feito, os populares traballan con ese obxectivo dende o minuto 1; pero, pola contra, cren que “o bipartito está máis interesado en salvagardar os seus intereses persoais que en mirar polo futuro laboral da nosa vila”. Así o lamentan porque “mentres os líderes do bipartito -María del Carmen López e Mario Pillado- se afanaban por repartirse áreas de dedicación e despachos, deixaban que seis persoas de Burela quedaran no paro pola súa desidia e ausencia de xestión”.

“O bipartito comeza o mandato truncando a posibilidade, xusto despois dun proceso electoral, de que seis persoas de Burela teñan un traballo” segundo condena o Grupo Municipal Popular que explica, ademais, que “o Concello tiña iniciado o proceso selectivo creando unhas expectativas que resultaron ser fume porque, posteriormente, anulou a selección do persoal”.

PERDA DE SUBVENCIÓNS

“Pola falta de traballo daqueles que pretenden gobernar a nosa vila, o Concello de Burela tivo que renunciar a preto de 75.000 euros subvencionados pola Xunta par a contratación dun traballador a través do programa Aprol Rural e de cinco persoas máis con cargo ás axudas para a contratación de persoas perceptoras da Risga”.

Exit mobile version