Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente destaca o papel das PEMES como activos fundamentais do emprego e economía da provincia

José Tomé participou este xoves no acto de entrega do Premio PEME do Ano 2023 que recaeu na empresa palense Granxa Campomaior, ademais de recoñecer o labor de catro firmas lucenses en Sostibilidade, Formación e Emprego, Internacionalización e Dixitalización e Innovación

Lugo, 15 de xuño de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este xoves no acto de entrega do Premio PEME do Ano 2023, organizado pola Cámara de Comercio e o Banco Santander, co apoio do Grupo El Progreso. Un recoñecemento que este ano recaeu na empresa Granxa Campomaior dedicada á produción e comercialización de ovos nas innovadoras instalacións coas que a firma conta no concello de Palas de Rei.

Ademáis estes galardóns recoñeceron cun accésit o labor doutras catro PEMES lucenses en diferentes categorías. Deste xeito, no apartado de Formación e Emprego premiouse á empresa tecnolóxica LEGALMIT; en Internacionalización a recoñecida foi para Industrias Plásticas Arias; en Dixitalización e Innovación levouse o galardón Technology Energy Chain XXI, e por último na categoría de PEME Sostible a gañadora foi a vilalbesa Avilugo dedicada a produción de polos ecolóxicos e a quen o Presidente provincial lle fixo entregoa do diploma que recolleu a directora da entidae, Ana Vidal Lozano.

José Tomé felicitou as empresas galardoadas e puxo en valor este certame “por incentivar o labor das nosas pequenas e medianas empresas que conforman a columna vertebral do emprego e son un activo fundamental da economía dos nosos concellos e da nosa provincia”. Os grandes proxectos recoñecidos hoxe nesta cita “demostran a gran capacidade e fortaleza do tecido empresarial co que contamos en Lugo”, subliñou o mandatario provincial.

A empresa gañadora do Premio do ano 2023 de Lugo, a Granxa Campomaior, concorrerá ao Premio Nacional PEME do Ano 2023 que se fallará no primeiro trimestre de 2024. Así mesmo, as empresas gañadoras dos diferentes accésits aspirarán ao Premio Nacional nas súas respectivas categorías.

Exit mobile version