Site icon Crónica3.com A Mariña

O programa Imos andar do Concello de Ribadeo adianta a súa hora de saída durante o verán

Desde o 22 de xuño a actividade dará comezo ás 9:15 horas no punto de encontro habitual, que son as escaleiras da Praza de Abastos. E así se manterá ao longo dos vindeiros meses. Nestas andainas saudables e sociais participan persoas de todas as idades. Desenvólvense desde finais do ano 2021 os martes e os xoves. Durante este verán os martes os camiñantes farán o percorrido ata As Aceas e os xoves ata o faro da Illa Pancha.

Exit mobile version