Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Viveiro lamenta “que Mariña Gueimunde aínda non asumira que María Loureiro é a alcaldesa dun goberno progresista e para todos os veciños”

“Os seus ataques persoais amosan falta de respecto ás normas de xogo democráticas”, advirten os socialistas

Viveiro, 24 de xuño de 2023. O PSOE de Viveiro considera que “o PP e Mariña Gueimunde aínda non asumiron que María Loureiro é alcaldesa e liderará un goberno progresista e para todos os veciños e veciñas”.

“Os seus ataques persoais amosan falta de respecto ás normas de xogo democráticas, asegura que é un fraude que María Loureiro sexa alcaldesa e critica que aínda non estén repartidas as áreas de goberno, cando sabe que hai un mes para facelo”, advirten os socialistas.

“Maria Loureiro someteuse o martes a unha pequena intervención quirúrxica ambulatoria e os médicos lle recomendaron uns días de reposo, que efectivamente pasou coa súa familia, pero non por elo deixou de exercer as súas responsabilidades; asistiu telemáticamente a un pleno que era un trámite, para a elección dos membros das mesas electorais e a aprobación das contas xerais do aparcadoiro, que xa estaban a faladas e supervisadas polos grupos políticos municipais, e ademáis estaba Jesús Fernández, que é o presidente de Aparcadoiros A Mariña”, engade o PSOE.

“Onde está a Mariña Gueimunde conciliadora, razoable e disposta a axudar que así se vendía ela? Desde que tomamos posesión o sábado dedicouse a criticar todo, incluso o traballo de mantemento dos electricistas, que teñen que acender as luces do alumeado público para ver a súa hai algunha fundida”, apunta.

Os socialistas consideran que “o PP ten que asumir que a toma de posesión do pasado sábado foi totalmente democrática e que o seu partido tamén fai pactos de coalición”.

Exit mobile version