Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Palabras Maiores’, a nova campaña coa que Merluza D& Burela reforza a súa presenza fóra de Galicia

Burela, 9 de xuño, 2023. Despois do éxito das últimas accións levadas a cabo o ano pasado, a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela repite Castela e León como localización para o lanzamento da nova campaña publicitaria da súa marca “Merluza D& Burela”.

Nesta ocasión a estratexia pon o foco no público sénior, con máis experiencia e consumidor habitual de peixe, fuxindo de marcados estereotipos onde a sociedade parece estar só representada polos mozos.

Mais pola contra, o público máis adulto é o core target tradicional de consumo de peixe de fresco, e tamén o que máis seguiu comprándoo a pesar da escala de prezos e a inflación. É tamén o grupo de poboación que máis sabe o que quere e máis se merece seguir gozando das súas ganas de vivir e dun produto de primeira como a pescada de Burela, do pincho e de calidade. “Son un faro para as demais xeracións e comparten moitos valores coa nosa marca”, aseguran desde a OPP-7.

Merluza D& Burela busca a complicidade dos séniores facéndoos protagonistas dunha campaña para consolidarse fóra de Galicia cun produto de calidade e cheo de sabor, capturado peza a peza con artes de pesca selectiva: “Os que temos máis experiencia apreciamos o que queremos, somos esixentes e mantemos sempre a frescura”, menciónase na campaña.

Dentro do plan de expansión da marca, a campaña terá especial presenza en Castela e León, con publicidade exterior, radio e internet nunha das comunidades con maior consumo de peixe fresco, e que ademais é un mercado estratéxico pola proximidade xeográfica con Galicia.

Esta campaña da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela
inclúese no seu plan de produción e comercialización, realízase en colaboración
con Armadores de Burela e está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA.

Exit mobile version