Site icon Crónica3.com A Mariña

Pescados Rubén Burela FS alíase coas mellores orquestras en Galicia

O club da Mariña colabora nunha campaña de promoción unido ás orquestras máis importantes de Galicia

Burela, 8 de xuño, 2023. Pescados Rubén Burela FS anuncia unha colaboración coas mellores orquestras galegas nunha campaña de promoción que incluirá a realización de tres camisetas de edición limitada.

As orquestras convertéronse en parte da cultura e tradición galega, especialmente nas datas estivais. Panorama, París de Noia e O Combo Dominicano son tres das máis grandes e relevantes orquestras en Galicia, que ano tras ano amenizan as festas patronais dos nosos pobos.

Por iso Pescados Rubén Burela FS iniciou unha colaboración con Panorama, París de Noia e O Combo Dominicano, que consistirá en dar a coñecer o traballo das devanditas entidades na nosa comunidade por medio das redes sociais, ademais de promover o noso club entre os afeccionados ás orquestras.

Como parte da campaña, Pescados Rubén Burela FS realizará tres camisetas de edición limitada cos logos de Panorama, París de Noia e O Combo Dominicano. Poderán adquirirse por medio das canles de venda habituais do club e estarán limitadas a 100 unidades cada unha.

Exit mobile version