Site icon Crónica3.com A Mariña

Pitero continuará as dúas vindeiras tempadas na plantilla do Pescados Rubén

Burela, 13 de xuño, 2023. O Pescados Rubén Burela FS e Pitero (Christian Rivas García) firman o acordo de renovación por dúas tempadas máis defendendo a elástica laranxa. Con esta continuidade o club premia o grande rendemento e compromiso do canterano que dende a súa chegada ao primeiro equipo, tempada 17/18, tivo unha progesión constante para converterse nun xogador de referencia no xogo, para a afición laranxa e as categorías da base.

A versatilidade do seu xogo ofrece á plantilla difererentes rexistros, destacando na súa función de pivot e o seu instinto goleador refrendado cos seus 20 goles desta tempada. O seu grande físico e a súa actitude positiva no xogo e na vida dota ao xogador dunhas características ideais para complementar a nosa plantilla.

Felices de poder continuar cun xogador con tanto talento e da familia, esperamos que o ano que vén a nosa xove promesa poda seguir aportando ao equipo o seu bo xogo, a súa ambición e a súa alegría.

Exit mobile version