Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro mostrará o seu potencial turístico e gastronómico na 45º Feira Internacional Semana Verde de Galicia

Viveiro, 7 de xuño de 2023. O Concello de Viveiro estará representado desde mañá e ata o domingo na 45º Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebrará en Silleda.

O concello promocionará o atractivo histórico e paisaxístico de Viveiro e a súa gastronomía. Ademais, o venres ofrecerá unha degustación gratuíta de merluza do pincho do Celeiro en empanada e Pan dos Apóstoles (doce típico de Semana Santa).

O concello manterá por outra parte diferentes reunións con turoperadores e profesionais do sector turístico, moi interesados nos atractivos de Viveiro.

Desta forma, o Concello de Viveiro continúa co seu labor de promoción turística nas principais feiras do sector, cun éxito que se ve reflictivo no número de visitantes que chegan cada ano á vila.

Exit mobile version