Site icon Crónica3.com A Mariña

A mocidade de Ribadeo deu un salto de aventura rumbo a Mondariz co esperado I Campamento Aventura en Igualdade

Xunto ás rapazas e rapaces estiveron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, que os animaron a disfrutar desta aventura. Desde Mocidade explican que “acompañadxs polo sol as/os nos@s moz@s dispóñense a vivir unha experiencia única. Este campamento é moito máis que diversión: é un espazo onde a igualdade é a protagonista. Durante estes días, mergullaranse en emocionantes actividades ao aire libre, desafiarán os seus medos en emocionantes retos e aprenderán o valor da colaboración e o respecto mutuo”. E engaden: “nos@s aventureir@s xuvenís, equipados con entusiasmo e valentía, embárcanse nesta experiencia chea de aprendizaxe e diversión. Estamos segur@s de que regresarán a Ribadeo con historias incribles para compartir”.

Exit mobile version